curso estranxeiria 2019

AMPLIAMOS O PRAZO DE MATRÍCULA ATA O 15 DE OUTUBRO DO 2019



IMPORTANTE: estamos a realizar melloras na plataforma formativa. En breve, poderás descargar as túas facturas de formación desde a propia aula virtual. Por favor, antes de matricularte en calquera curso (que non sexa gratuíto), lembra actualizar AQUÍ os teus datos de facturación. Do contrario, a factura xerada podería presentar información incorrecta, o que suporía varias xestións administrativas.


Información do curso

A chegada da era dixital supuxo cambios na forma na que nos relacionamos. Cada día é máis habitual que a comunicación se realice a través das tecnoloxías da información e das comunicacións (TICs). Redes sociais, chats, WhatsApp, etc., son os nosos mecanismos de comunicación do día a día.

O presente curso pretende, a través da análise en profundidade da Lei de Protección de Datos, aportar unha visión global das novas tecnoloxías e, en particular, do cambio radical que supuxeron no ámbito social e na comunicación interpersoal na actualidade.


De interese:

  • Coordinación:
    • Vicente Gómez Loureda, delegado de protección de datos certificado.
    • José María Lozoya Pérez, avogado especializado en Dereito das TIC e protección de datos.
  • Modalidade: en liña.
  • Nº horas: 50.
  • Prezo: 50 euros, tanto para colexiados/as exercentes coma non exercentes e alumnos/as do Máster da Avogacía.
  • Prazo de matrícula: ata o 15 de outubro do 2019.
  • Lugar de matrícula: http://avogacia.gal/formacion .
  • Remate do curso: 28 de febreiro do 2019.
Ao final do curso, impartirase un breve taller sobre adaptación do despacho profesional á LOPD e ao RGPD, expoñendo un caso práctico e facilitando formularios e pautas orientadoras.

Para máis información:


Este curso está organizado polo Consello da Avogacía Galega, en colaboración cos Colexios de Avogados de Galicia e Wolters Kluwer.