curso dereito TIC

PRAZO DE MATRÍCULA AMPLIADO ATA O 15 DE FEBREIRO DO 2020



IMPORTANTE: lembra que xa podes descargar as túas facturas de formación desde a propia aula virtual. Por favor, antes de matricularte no curso, revisa AQUÍ os teus datos de facturación e actualízaos no caso de ser necesario. Do contrario, a factura xerada podería presentar información incorrecta, o que suporía varias xestións administrativas.


Información do curso

Este curso pretende abordar dunha forma clara e, sobre todo, práctica, a determinación das penas en función dos diversos parámetros que contempla o Código Penal.

Mediante a aplicación dunha serie de regras, unhas aritméticas (que permiten saber como se sube ou baixa en grado ou como se calculan as metades) e outras relativas á tentativa, á complicidade, ás eximentes, cando hai agravantes, multirreincidencia…  Determinarase a pena que se pode solicitar para o acusado.

Trátase dunha ferramenta imprescindible para calquera profesional adicado ao Dereito Penal, especialmente no caso de exercer a defensa, xa que o letrado saberá ata onde pode chegar nunha negociación coas acusacións ou incluso na formulación da súa estratexia de defensa.


De interese:

  • Coordinación: Óscar Núñez-Torrón Latorre, avogado especialista en Dereito Penal.
    • Modalidade: en liña.
    • Nº horas: 30.
    • Prezo: 25 euros, tanto para colexiados/as exercentes coma non exercentes e alumnos/as do Máster da Avogacía.
    • Prazo de matrícula: ampliado ata o 15 de febreiro do 2020.
    • Lugar de matrícula: http://avogacia.gal/formacion .
    • Remate do curso: 30 de xuño do 2020.


    Para máis información:

    • Folleto do curso.
    • Guía do curso (programa e metodoloxía didáctica).
    • Contactar co Consello no enderezo electrónico  ou no teléfono 981 121 893.

    Este curso está organizado polo Consello da Avogacía Galega, en colaboración cos Colexios da Avogacía de Galicia e Thomson Reuters Aranzadi.