O usuario pode elixir, ben no seu perfil, ben no menú da parte superior da plataforma, cal quere que sexa a lingua da “interfaz” ou visualización da plataforma, que está baseada no programa MOODLE.

O programa Moodle está inicialmente desenvolvido en inglés, existindo diversos paquetes de idiomas e, entre eles, o español e o galego. Tanto un coma outro conteñen unha tradución desde o inglés e desde o portugués, respectivamente.

É posible que nalgún caso, por defecto de traducción, aparezan mensaxes neses idiomas, adoitan ser mensaxes de erro e por regra xeral pouco habituais.

Iso pode deberse, ben a simples defectos de tradución, ou ben ao constante desenvolvemento do programa moodle, que ás veces  fai que a tradución se demore en chegar.

Pregamos disculpas se aparece unha mensaxe noutro idioma ca o elixido. De existir algunha dúbida, por favor,  avisade e ímolas traducindo.

Grazas