A Comisión de Formación do Consello da Avogacía Galega coordina os recursos formativos que se imparten de xeito común nos colexios de avogados de Galicia, en colaboración con estes.
A Comisión está formada por:
- Lourdes Carballo Fidalgo (Decana do ICA Vigo)
- Luis Torres Foira (Decano do ICA Ferrol)
- Sergio Aramburu Guillán (Secretario técnico do Consello da Avogacía Galega)
A Comisión deseña as liñas básicas e a programación dos cursos, e ten o seu propio regulamento, que podes consultar aquí.
Ademais, en coordinación coa secretaría técnica do Consello da Avogacía Galega, desenvolve todas as iniciativas formativas concretas, desde esta plataforma.
Se ten algunha suxestión (mellora da plataforma, proposta de novos cursos) ou quere participar como formador (mínimo 5 anos de experiencia na profesión e currículum), contáctenos.
